Un ano máis, celebramos o Día das Letras Galegas con actos especiáis no cole. Desta volta tivemos un programa ben variadiño, no que non faltou a música nin a poesía:
Trío Musical de profesores do Conservatorio: A Rianxeira
Presentación do homenaxeado neste Día das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán, a cargo dos alumnos
Poema de Florencio Delgado: Cantar Cantei. A música de fondo a puxo Cecilia.
Quinteto de vento
Texto «o pai de Migueliño» e presentación posterior.
Canto dos alumnos de PAI 2 interprentando Terra, das Tanxugueiras.
Interpretación de «catro vellos mariñeiros» polo coro.
Gran traballo, e gran homenaxe neste día tan sinalado para a nosa lingua.
#somosobradoiro