Os alumnos do Colexio Obradoiro Cecilia Fernández Suárez e Mateo López Giraldo, de 2º e 1º da ESO respectivamente, foron declarados gañadores do VI Concurso de microrrelatos e haikus xuvenil «Saúde: aquí e agora», organizado por Amnistía Internacional A Coruña. Cecilia alzouse co premio na categoría de Microrrelato, mentres que Mateo fixo o propio na categoría Haiku. ¡¡Noraboa, escritores!!
Ademáis, os rapaces de PAI2 e PAI3 (1º e 2º da ESO) visitaron a iniciativa Acampa, promovida pola Plataforma das ONGs, organizacións e persoas que conforman Coruña Contra a Guerra. Os organizadores fixéronlles unha visita guiada ao campo de interpretación da fame, logo atenderon ás charlas e incluso lle pediron a un alumno que saíse a falar. Por último, fíxose acto de entrega dos premios como colofón a unha interesante xornada de concienciación.
#somosobradoiro